venres, 3 de xuño de 2022

ARTE CON LIXO!

E xa no último trimestre do curso, desde o centro pedimos ás familias que foran ás praias do concello a recoller o lixo que atoparan e o trouxeran ao cole para despois traballar con el.

Xuntámonos cunha boa morea de lixo, así que con el creamos diferentes animais mariños que se subastan na lonxa e se venden nas pescadarías para participar na exposición do CENIMA de FOZ e crear consciencia sobre a contaminación dos mares e océanos.

Este foi o resultado conxunto da escola:


 


Nós, que non nos conformamos con pouco, decidimos construír dous peixes espada :)
















 



Ningún comentario:

Publicar un comentario