venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO DE REFUGALLOS

Buf, o traballo que dá elaborar un disfrace! 

Como este curso na escola estamos inmersos nun proxecto de centro sobre o traballo do mar, decidimos que iamos construír os nosos disfraces con refugallos extraídos ou relacionados co mar (e tamén algún dos producidos nas casas).

Non o tiñamos moi claro, nada nos convencía, e despois de pensar en disfrazarnos de varios animais... cambiamos radicalmente de opinión! Decidimos disfrazarnos de contaminación mariña e comezar unha campaña de protección do medio e das especies mariñas.

Elaboramos un traxe a modo de capa con redes vellas que nos deron no peirao e lixo recollido no mar ou producido nas casas, fundamentalmente envases lixeiros, bastonciños dos oídos, palliñas, anillas de latas, etc. Así como un tocado elaborado con anacos de redes, anillas de plástico dos refrescos e tapóns.

A continuación podedes ver unha pequena mostra do progreso de elaboración:














Sen esquecer os nosos cartaces! Canto traballiño nos deron!
















E con todo listo (coma sempre, de última hora...) chegou o gran día!


E engalanámonos todos cos nosos disfraces e tocados, acompañados dos nosos carteis e cánticos:



















E saímos a desfilar polas rúas de Xove!

















Quedaría clara a nosa mensaxe?