mércores, 1 de xuño de 2022

HORTO ESCOLAR E SEMILLEIROS

Este curso non traballamos tanto no horto coma no curso anterior...





























Si é certo que comezamos con moitas gañas, pero alá polo mes de marzo, cando iamos comezar a poñer todo a punto, a nosa mestra Marta solicitou un Plan de Voluntariado a Alcoa para remodelalo completamente instalando bancais e macetas novas, forrando os chans para que non saia mala herba e instalando unha caseta para as ferramentas, entre outras cousas. E concedéronnolo!

En principio, esa remodelación ía ser en maio, por iso comezamos igual a plantar os semilleiros. Pero houbo moitos problemas co transporte de materiais e a madeira non chegou, así que o horto agora mesmo está un pouco abandonado... e os semilleiros siguen medrando😅...










A ver se para o curso que vén podemos poñelo a funcionar con normalidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario