luns, 31 de maio de 2021

E COMEZAMOS A PLANTAR!

E despois de todo o traballo que nos deu adecentar o horto, por fin puidemos comezar a plantar! 

Aínda nos quedaban moitas cousas por facer para rematar de preparar o horto e moitos detalles que mellorar nel, pero todo isto vai ter que agardar ao curso que vén porque os semilleiros comezaban a pedir o seu trasplante desesperadamente e o tempo botábasenos enriba, así que ademais de seguir preparando outras partes do horto, xa fai varias semanas que decidimos centrarnos en plantar. 

O tempo non nos deu moita tregua, chovía día sí e día tamén, así que cada raiola de sol que viamos durante o tempo de recreo aproveitabámola para ir plantar. E como nós aínda estamos aprendendo e iamos moi despacio e non todo nos saía como debería, a nosa mestra Marta pideu axuda á súa mamá Ramonita, que ademais de ser toda unha experta no tema ten un mogollón de ferramentas! 

Mirade como traballamos!


- - - - -


Os nosos mestres e Ramonita, a mamá da mestra Marta, preparáronnos uns pequenos bancais para que puideramos comezar a traballar:







E comezamos a plantar neles as plantas que semillamos semanas atrás:









Como vedes, calquera recipiente nos serve para regar!



































E despois de plantar e regar, indentificamos cada cultivo con letreiros feitos con cortizas e puxémoslles unhas botellas cortadas a modo de invernadoiro para protexelos do frío e do vento, pois no horto hai moita corrente.






E case sempre temos visita mentres traballamos 😊








E cando os semilleiros foron medrando, cortamos de novo as botellas para que as plantas puideran seguir medrando:






E como nos trouxeron unha pouca máis de terra para o horto e xa estaban comezando a saír as malas herbas nos bancais nos que xa facía tempo que plantaramos, aproveitamos tamén para botar un pouco de esterco en grao para abonalos, cubrir con outra pouca de terra e aproveitar a herba que cortou a mamá da nosa compañeira Julia no cole e nas viviendas dos mestres e mestras para tapar todo e evitar que medren de novo as malas herbas.

E tamén aproveitamos para poñerlle os "paos" aos tomates e pementos e atalos.
















Xa vai collendo forma, non si? Que vos parece?









Agora só nos queda plantar dúas ou tres cousiñas máis e regar e atender toda a nosa plantación! O traballo "máis gordo" xa vai aló!