sábado, 30 de abril de 2022

RESTARUADORAS E RESTAURADORES PROFESIONAIS!

E como non tiñamos pouco traballo, decidimos restaurar unha estantería e uns percheiros que tiñamos na escola. E tamén crear outros con materiais de refugallo para crear, no seu conxunto, unha zonda de descanso e lectura na entrada da escola.

 

Levamos dende xaneiro traballando...mirade!

 

Reciclando a estantería


 

 

 

Restaurando os percheiros 







Creando tallos con xornais e oveiras









Pintando caixas da froita e vellos cubos de pintura





Creando un taboleiro de cortizas







Elaborando un tapete con tapóns







venres, 29 de abril de 2022

CONCURSO COOPERATIVISMO NO ENSINO

Ao igual que o pasado curso, este tamén nos decidimos a participar no Certame Cooperativismo no Ensino 2022. Nesta ocasión contamos brevemente o noso traballo durante estes dous últimos cursos.

A ver que vos parece! 

(Pinchade na imaxe para velo)



Se notades as nosas voces un pouco cambiadas, non vos asustedes! Escoitades ben, si! É que tivemos un pequeno problema😅, limos mal as bases e pensabamos que o vídeo podía durar 10 minutos coma en convocatorias anteriores, pero o certo é que só podía durar 5 minutos. Así que tivemos que facer recortes e modificacións de última hora...





mércores, 6 de abril de 2022

DOAMOS OS ÚTILES DE ESCRITURA!

Catro ou cinco meses despois de instaurar o colector de útiles de escritura usados tivemos que baleiralo! 

Recollimos todos os útiles e gardámolos en caixas que pechamos e dimos a unha das nosas cociñeiras para que os levara para a protectora. E sabedes que? Sabedes canto recollimos? Pois nada máis e nada menos que 21 kg!!!