martes, 23 de marzo de 2021

QUE SORPRESA LEVAMOS!

Durante o noso traballo no horto tivemos unha sorpresa ben inesperada! Mentres recolliamos, apareceron algúns vestixios do horto que nós fixemos cando estabamos en 1º de Educación Primaria, concretamente o cartel que presidía o noso horto e o indicador das acelgas... 


MENUDA SORPRESA! 


"HORTI, O HORTO MÁXICO DE PRIMEIRO DE PRIMARIA"




luns, 22 de marzo de 2021

XA PRANTAMOS ALGÚNS SEMILLEIROS

Xa sabedes que o horto aínda está en proceso, pero nós non perdemos o tempo, e mentres tanto, xa fomos plantando algún semilleiro!




















Sairía algunha planta? Vós que credes?


xoves, 18 de marzo de 2021

XA ESTAMOS COMPOSTANDO!

Levamos moito tempo traballando no horto e por agora parece que non fixemos máis que desfacer e desfacer... sabémolo! Pero isto non é de todo certo!

Aínda que o resto do horto segue "patas arriba", a zona dos composteiros xa está operativa! Non está rematada pero xa temos dous composteiros funcionando e outros dous á espera de ser colocados. Si si, oídes ben, imos ter 4 composteiros! Un xa o tiñamos no centro (e outro que tivemos que tirar porque nolo romperon durante as obras), outro igual proporcionóunolo o Concello de Xove e outros dous dánolos Sogama (un xa o temos e outro vén de camiño porque aínda o solicitamos a semana pasada, xa que queriamos deixar toda esa zona ben colocada).

E dicimos que non está rematada porque polo momento só colocamos a tea verde para que non medren as malas herbas arredor, ubicamos os composteiros enriba dela, cortamos a tea do fondo para permitir que os organismos descompoñedores teñan un fácil acceso ao interior do recipiente e comezamos a enchelos cos restos de poda que nos facilita a mamá da nosa profe Marta e a mamá dunha das nosas compañeiras de clase, que traballa de xardineira no concello e vén facer o mantemento das zonas verdes da escola, e tamén os restos orgánicos que se xeran nas merendas dos recreos e na cociña do comedor do colexio, que non son poucos!



  • Restos orgánicos recollidos nos recreos:
Os restos orgánicos non son moi abundantes nos recreos, priman os alimentos envoltos en envases de plástico, pero entre os máis abudantes están as froitas e os panos de mesa de papel brancos (os de cores teñen tintas e teñen que depositarse nos contedores verdes).



  • Restos orgánicos prodecentes da cociña:




  • Restos de poda e herba:













* A veces baleiramos o caldeiro do lixo e cae todo no mesmo montón, así que despois temos que estender os restos orgánicos coa axuda dunha pá:







mércores, 17 de marzo de 2021

SEGUIMOS TRABALLANDO!

Andamos algo desaparecidos por aquí porque nas últimas semanas traballamos arreo no horto da escola e estamos esgotados!

E aínda que normalmente imos por grupos, como esta semana e a pasada fixo tan bo tempo e todos queriamos colaborar, ao final fomos todos os nenos e nenas da clase traballar no horto dous recreos enteiros con Rubén e con Marta. Aínda nos queda moito por facer, pero... xa se nota a diferencia, ou non? 

E como non tiñamos ferramentas para traballar todos á vez, improvisamos un pouco con todo o que tiñamos no "almacén" e cunhas cantas latas grandes de conservas procedentes do comedor da escola que gardamos para reutilizar en futuros proxectos, e tamén as nosas propias mans! Como din por aí... o caso é ter ganas de traballar!














E tamén houbo momentos de descanso e distensión! 😆






Aínda nos queda moito traballo, pero cando teñamos todo listo ides alucinar, non o ides recoñecer!