venres, 3 de xuño de 2022

1º PREMIO NO CONCURSO DE SOGAMA!

Sabedes que? Hoxe recibimos unha fermosa noticia que nos colleu por sorpresa! Gañamos o primeiro premio do concurso "Recíclate con Sogama" 2021-2022!

Este foi o traballo que presentamos entre todas as nenas e nenos da clase, a ver que vos parece!





Este recoñecemento conta coa entrega dun diploma e unha dotación económica de 1300€. Aínda non temos decidido en que imos invertila, pero xa puxemos as nosas cabezas a funcionar! 

 

 

 

* Aquí podedes ver parte do proceso:

Entre as ideas que trouxemos todas e todos, fomos decidindo o que máis nos gustaba de cada unha e xuntamos todo nun bosquexo, que despois traballamos conxuntamente na clase e cada un levou á práctica na súa casa segundo a súa interpretación!

 

 

Unha vez traballado na casa, votamos e decidimos, non cal era o noso cartel favorito, senón o que máis nos gustaba de cada un deles. E unha vez escollidos todos os aspectos que nos gustaría incluír, puxémonos mans á obra e repartimos o traballo!





















 



 


 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario