martes, 29 de marzo de 2022

RECOLLIDA DE LIXO NAS PRAIAS!

Ao longo do curso, dende a clase, fomentamos tamén a recollida do lixo que hai tirado na rúa (que pode ser de xente que o tirou ao chan ou aquel que se escapou das papeleiras)... e as nenas e nenos tomárono moi en serio!

Tanto, que cando iamos de excursión, levaban as súas pinzas, os seus guantes e as súas bolsas e recollían o lixo que ían atopando. E se non levaban nada, coas mans e listo!










venres, 18 de marzo de 2022

QUEN DIXO COLONIA FELINA?

Xunto coa axuda das nosas mestras e mestres, elaboramos uns "chalés adosados" ou casiñas feitas con caixas de porexpán que nos gardaron no comedor, para que as gatiñas e os gatiños do horto poidan resgardarse do frío no inverno; e uns bebedeiros feitos con latas para darlles auga (e misteriosamente, a xente dos arredores tamén lles deixan penso ou comida neles, a nosa mestra prohibíndonolo e as veciñas e veciños desobedecendo... pero sabedes que? que nos alegramos! 😜)

 


Tardamos uns días en sacarlle a foto, e como podedes comprobar... vese que ademais de durmir neles (dixo a nosa mestra Marta que polas noites había sempre 2 mínino), tamén lles fixeron gracia e xogaron con elas a rascar as unllas... Non están moi bonitas así todas desfeitas, pero continúan cumprindo a súa función, non si?


 

venres, 11 de marzo de 2022

E... VISITOUNOS MALIBÚ!

Pois si! Por fin! Despois de máis de 2 cursos agardando, por fin puidemos coñecer a Malibú, unha cadeliña abandonada adopata por Casa Grande de Xanceda que se fixo profe!

Si! Si! Oístes ben! Fíxose profe e agora vai, xunto con Adriana, recorrendo as escolas de toda Galicia educando ás nenas e nenos en tenza responsable de animais. 

Pero en lugar de contárvolo, ímosvos ensinar as fotos que sacamos durante a súa visita para que poidades disfrutar tamén con ela!








 
 
 
E antes de marchar fíxonos un agasallo, mirade! Un diploma e unha tatuaxe para cada unha e cada un de nós!
 

 

 E como non queriamos ser menos, nós tamén lles tiñamos preparado un agasallo elaborado por todas e todos nós, e unhas lambetadas para endulzar a Malibú!








 



venres, 4 de marzo de 2022

ENTROIDO REIVINDICATIVO

Este curso estamos levando a cabo un proxecto de centro sobre o Mar, así que desta volta o entroido xirou precisamente arredor desta temática, e como estamos traballando sobre a conservación do medio e a reciclaxe, decidimos convertilo nun ENTROIDO REIVINDICATIVO.

 

Para ilo elaboramos os nosos propios disfraces con lixo, SÍ SÍ! CON LIXO! Unhas redes que ían desbotar no peirao e moitos residuos e envases de refugallo producidos nas casas ou na escola que, en gran parte dos casos, acaban no mar tal e como nos explican no libro PLASTICUS MARÍTIMUS, UNA ESPECIE INVASORA, o cal limos previamente na clase.

 
 
1. Cortamos as redes para facer unha especie de poncho que serviría de base para o noso disfrace.
 
 
 
2. Elaboramos os nosos carteis con mensaxes reivindicativas sobre o coidado do mar.






3. Decoramos os nosos ponchos de rede co lixo que fumos recollendo e gardando e elaboramos os nosos tocados para a cabeza con anacos de rede, anillas de plástico dos refrescos e tapóns.

 

 

 4. Deixamos todo colocado para o día do desfile...

 
 

 

E chegou o gran día! Vestímonos cos nosos traxes, collimos as nosas pancartas e saímos a desfilar polas rúas de Xove á vez que recitabamos os cánticos que tiñamos preparados para fomentar o coidado do mar!





 
 
 
 
MIRADE PARTE DOS NOSOS CÁNTICOS!
Credes que calaría a mensaxe no resto da sociedade?