xoves, 12 de agosto de 2021

TEMOS UNHA MALA NOTICIA QUE DARVOS...

Levamos moito tempo sen pasarnos por aquí porque estamos de vacacións. Pero onte pola mañá recibimos unha triste noticia e queremos compartila con todos vós: a nosa Natsu, a gatiña branca e negra do horto, a filla de Kiara, faleceu pola mañá cedo despois de ser atropelada por un coche. 



Fai un tempo a nosa mestra Marta, nunha das súas múltiples visitas ao horto, descubriu de casualidade que Natsu era mamá e tiña varios gatiños/as escondidos entre a tea verde que empregamos no horto para tapar a terra e evitar que saian as malas herbas.  Algúns e algunhas de nós tamén os vimos por entre as plantas mentres traballabamos. E eses gatiños quedaron sen mamá...


Onte a mediodía, unha das monitoras do campamento e a nosa mestra foron a mediodía ata o horto e, despois dun gran esforzo, varias carreiras e algunha que outra trabada e rasguño, conseguiron collelos! Pensabamos que eran 3, pero ao final resultaron ser 4:






Agora mesmo 2 deles están en San Ciprián nunha casa de acollida e os outros 2 na casa da nosa mestra, pero NECESITAN UNHA FAMILIA PARA SEMPRE! Queres ser ti unha delas?






SACÁDENOS DAQUÍ!! JIJI


* P.D.: Aínda que nas fotos os vedes tomando o leite coa axuda dunha xiringa e un biberón, en realidade xa comen por eles sós pienso brandiño, paté e leite, e tamén fan as súas necesidades autonomamente na area!