mércores, 8 de setembro de 2021

MAÑÁ COMEZAMOS A ESCOLA!

Aínda que non nos deixamos ver moito por aquí, o certo é que seguimos traballando todo o verán no horto! 

Unha das mamás da clase creou un calendario no que organizou quendas por parellas para ir coidar do horto durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e así foi como pouco a pouco conseguimos que o horto fora lucindo cada vez máis bonito e dera uns froitos tan saborosos coma os que recollemos.

Mais non fomos nós sós! As nosas familias acompañáronnos durante o verán e moitas delas tamén se animaron a colaborar coas tarefas do horto. Ollade:














































Mirade que boa pinta teñen todos os nosos produtos da horta! Xa fixemos varias recoleccións, sobre todo de tomates, pementos e calabacíns:































E fixádevos se debe estar todo ben saboroso, que incluso tivemos varias pragas: caracois, pulgóns, arañas... e algo, non sabemos moi ben o que, que nos atacou fortemente os vimbios e incluso nos danou algúns deles ata facelos secar, así como fixo de fonte de atracción para as velutinas. Menos mal que pouco a pouco conseguimos eliminar todas as pragas...








Iso si, estamos todos devecendo por recolectar o millo para palomitas e as pipas dos xirasois! A ver cando chega o momento!