luns, 20 de xuño de 2022

NIN O CREMOS!

WOW! Sabedes que? Que botamos as contas do que había na caixa de cambio e no peto de doazóns e... Sabedes canto recadamos?

Veña bah, botádelle!


Canto? Un pouco máis...


Un pouco máis...


Un pouso máis...


...


 
 
Pois si! Nada máis e nada menos que 785,29 € e todas estas doazóns!!!
 
 



O tempo botouse enriba e as voluntarias da Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz non puideron vir a recoller o diñeiro recadado e as doazóns de penso e comida húmida antes de que acabara o cole, pero sabedes o mellor? Que nos volveron a convidar a ir á protectora en canto acaben as obras a pintar o noso logotipo nunha das súas paredes e a coñecer a asociación! 

Non nos digades que non é un bo agasallo! Estamos desexando que a nosa mestra concerte día para ir!

xoves, 16 de xuño de 2022

TAPÓNS E MÁIS TAPÓNS

Ao longo do curso clasificamos infinidade de tapóns por cores e tamaños... co obxectivo de crear con eles o cartel que presidiría a illa de reciclaxe e algúns adornos para o horto que iamos crear coa axuda das familias.

Conseguimos clasificar os tapóns suficientes (ou eso cremos), pero por mor da falta de tempo non conseguimos levar dita actividade a cabo así qeu deixámolos apartados a un lado para retomar dita tarefa o curso que vén!













mércores, 15 de xuño de 2022

E CHEGOU O GRAN DÍA!

E case sen tempo a pensalo, chegou o gran día!

Quedamos ás 9 da mañá na praza do Centro Cívico para colocar e organizar todo o que deixaramos o día antes colocado en caixas, pero estabamos tan desexosos que a maioría de nós chegou case á par da nosa mestra Marta, que foi un anaco antes para colocar as mesas.

En menos do que canta un galo tiñamos todo preparado:






Foi unha mañá intensa, con momentos de moito traballo e momentos de non tanto, e o certo é que tiñamos tantas manualidades que, a pesar de que vendemos unha gran chea de cousas, aínda nos quedaban bastantes, así que antes de levar o posto para a escola fomos ao edificio do concello chamar porta por potra e vender algunha cousiña máis.



E despois recollemos todo rapidamente e fomos para escola, montamos de novo o posto coas cousiñas que quedaban e paramos uns minutiños a picar algo de comer, que estabamos esfameados! Mirade se tiñamos fame, que en canto nos puxeron a comida na mesa quedamos todos calados! 








Non todo vai ser traballar, ou? 



Mais despois de comer continuamos coa venda ata as 16:30 horas! E vendemos case todo! Pero estabamos tan cansos que por votación unánime decidimos deixar as contas da caixa para  o próximo día de clase, é dicir, o luns, porque mañá ímonos de excursión!