xoves, 18 de novembro de 2021

PATRULLA VERDE!

Este curso a Patrulla Verde continuará coas tarefas que viña realizando o pasado curso: vixiar os colectores do lixo nos tempos de recreo e baleiralos cando sexa necesario e levar a materia orgánica aos composteiros.

Así como outras que vaian xurdindo, entre as que se atopan impartir certas charlas de formación ao resto de compañeiros e compañeira, e recoller o lixo que apareza no chan do patio ou do horto, para o que contaremos cunhas pinzas novas que se empregan para recoller o lixo:



E este curso iremos ben identificados!




luns, 8 de novembro de 2021

CARTA AO ALCALDE

Como ben sabedes, levamos un tempo dándolle voltas á cabeza e... despois de moito pensar, decidimos dar un paso adiante e escribir unha carta ao alcalde para pedirlle que nos deixe instalar unha colonia felina autorizada no patio da escola. 

E tamén axuda económica (si, diñeiro para que nos entendamos) para, por un lado, castrar, vacinar e desparasitar as gatas e gatos que rondan o horto; e por outro lado, para inentar que a poboación non aumente e chegue a causar molestias ás veciñas e veciños da zona.

 

 
Vós que credes, teremos sorte?

Crucemos os dedos!🤞