martes, 21 de decembro de 2021

AGRANDAMOS A ILLA DE RECICLAXE!

En vista do éxito que tivo a illa de reciclaxe, aumentamos o número de colectores e do tipo de residuos ou lixo a recoller: envases lixeiros, papel e cartón, fracción resto, residuos orgánicos para o composteiro, vidro, pilas e baterías, tintas e tóners de impresoras, lámpadas.... así como un punto re recollida para tapóns e outro para útiles de escritura, non só para os residuos no centro, senón para funcionar como punto de recollida de residuos tamén nos fogares.



 

luns, 20 de decembro de 2021

COLONIA FELINA NON AUTORIZADA...

Sabedes que? Estamos un pouco indignados! Os nosos presaxios cumpríronse...

Recordades que fai un tempo escribimos unha carta para enviar ao concello para solicitar a creación dunha colonia felina autorizada no horto da escola e así poder ter as nosas gatiñas e gatiños controlados? Pois a nosa petición foi denegada. E nin vos contamos o gran enfado que temos, tanto que aínda non fomos quen de contestar á carta que nos enviaron...


 

Nós entendemos que hai moitas gatiñas e gatiños na rúa, e que hai que controlar a súa poboación, pero por que non podemos coidar das nosas gatiñas e gatiños? Que mal facemos dándolles de comer penso todos os días para que non anden pola rúa e os atropele un coche sen querer? Se a propia lexislación di que se pode facer!

Pois iso, que seguimos enfadados e non sabemos cando sacaremos forzas para contestar a esta carta... pero polo menos creamos conciencia e conseguimos que o concello comezara co método CES de Esterilización dos gatiños da rúa.

Algo é algo, non?