luns, 28 de xuño de 2021

1º PREMIO no concurso RECÍCLATE CON SOGAMA

Esquecíasenos contarvos unha gran nova! O pasado martes día 15 de xuño comunicáronnos que foramos recoñecidos co primeiro galardón na categoría de 5º e 6º de Educación Primaria no marco do concurso "Recíclate con Sogama" 2020-2021!

Este foi o traballo que presentamos entre todos os nenos e nenas da clase:



Este recoñecemento conta coa entrega dun diploma e unha dotación económica de 1000€. Aínda non temos decidico en que imos invertila, pero xa temos varias ideas rondando nas nosas mentes!


 


E case se pode dicir que nos volvemos un pouco famosos, non si?


SALA DE PRENSA DE SOGAMA

 

 

LA VOZ DE GALICIA


 

 

EL PROGRESO 


 


venres, 25 de xuño de 2021

AGRADECEMENTOS!

Sabedes que? Que aínda que polo momento non coñecemos as instalacións, un anaquiño de nós xa forma parte da protectora! Recoñecedes ese cartel? Efectivamente! O cartel da nosa Recollida Solidaria!

E Betty, unha das gatiñas que hai na protectora, aproveitou tamén a ocasión para darnos as gracias!



mércores, 23 de xuño de 2021

ENTREGA DAS DOAZÓNS!

O último día de cole recibimos unha visita moi especial: dúas rapazas da Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz viñeron ao centro a coñecernos e a recoller as doazóns para os peludos que teñen ao seu cargo, tanto nas instalacións como en casas de acollida.

E como non podiamos quedarnos de brazos cruzados, decidimos axudarlles a cargar todo no seu coche! Menos mal que era grande, porque aínda así case non lles colle todo dentro!
















E sabedes que? Que ao rematar fixéronnos un convite para o curso que vén! Temos que ir un día de visita á protectora para coñecer as instalacións e o seu funcionamento, os animais que hai residindo nela... e pintar o noso logotipo nunha das paredes da protectora! E firmar! Estamos desexando que chegue ese día con todas as nosas ganas! :)


martes, 22 de xuño de 2021

SEMANA DA RECOLLIDA SOLIDARIA: ÉXITO ROTUNDO!

Durante toda a semana fixemos quendas de traballo para estar na entrada e saída da escola e así poder recoller persoalmente as doazóns que nos traían para a protectora, así como colocalas enriba da mesa.















Foron tantas as doazóns, que tivemos que reordenar as cousas varias veces, incluso tivemos que engadir unha meas máis! E unha vez rematada a semana, recollemos todas as doazóns en caixas, e o diñeiro nun sobre, para facilitar a recollida por parte das rapazas da protectora.

 




Non podemos dicir máis que GRACIAS! Gracias a todos os membros da comunidade educativa (e aos que non o son tamén) por colaborar con nós, porque entre todos fixestes que este evento fora un ÉXITO!

 

...

 

Mirade que equipo tan bo formamos!








 

mércores, 16 de xuño de 2021

OPERACIÓN SOLIDARIA A&A

E o venres deixamos todo listo para a recollida de doazóns:



O CARTEL:


...


AS INVITACIÓNS:




...



O MURAL E O LUGAR ONDE DEIXAR AS DOAZÓNS

 


E OS DETALLIÑOS:







...





E ao final do día, levamos unha enorme SORPRESA!

Mirade que camiseta tan chula co noso nome e o noso logotipo nos tiñan preparada os nosos mestres Rubén e Marta:






* Como sabedes, o de sacar unha foto formais na que saiamos todos ben non é o noso. Debéronnos sacar unhas 15 ou 20, e en ningunha saímos todos ben... así que aí vos quedan as 4 mellores!