luns, 13 de xuño de 2022

XA TEMOS CASE TODO LISTO!

Ao longo dos dous últimos trimestres traballamos arreo facendo manualidades con algúns materiais mercados e outros de refugallo ou de reciclaxe:

- Decoramos floreiros con papel de seda.




- Creamos lapiseiros pintando con esmalte de unllas con tarros de cristal e decorando latas con teas que nos doaron.










- Construímos macetas coa mesma técnica que empregamos para crear os lapiseiros.

















- Elaboramos libretas con portadas decoradas por todas e todos nós.













- Pintamos pedras de diferentes tamaños a modo de calcapapeis.






- Deseñamos marcapáxinas con plástico máxico. Si! Si! Un plástico no que debuxas e, unha vez rematado o deseño, metes ao forno e reduce ata 7 veces o seu tamaño! 


















- Reciclamos ceras vellas no no forno para crear outras con forma de peza de crebacabezas, peza de lego ou pegada de mascota.

 

 

E DEIXAMOS TODO LISTO E ORGANIZADO PARA O DÍA DO MERCADO!












Ningún comentario:

Publicar un comentario