mércores, 15 de xuño de 2022

E CHEGOU O GRAN DÍA!

E case sen tempo a pensalo, chegou o gran día!

Quedamos ás 9 da mañá na praza do Centro Cívico para colocar e organizar todo o que deixaramos o día antes colocado en caixas, pero estabamos tan desexosos que a maioría de nós chegou case á par da nosa mestra Marta, que foi un anaco antes para colocar as mesas.

En menos do que canta un galo tiñamos todo preparado:






Foi unha mañá intensa, con momentos de moito traballo e momentos de non tanto, e o certo é que tiñamos tantas manualidades que, a pesar de que vendemos unha gran chea de cousas, aínda nos quedaban bastantes, así que antes de levar o posto para a escola fomos ao edificio do concello chamar porta por potra e vender algunha cousiña máis.



E despois recollemos todo rapidamente e fomos para escola, montamos de novo o posto coas cousiñas que quedaban e paramos uns minutiños a picar algo de comer, que estabamos esfameados! Mirade se tiñamos fame, que en canto nos puxeron a comida na mesa quedamos todos calados! 








Non todo vai ser traballar, ou? 



Mais despois de comer continuamos coa venda ata as 16:30 horas! E vendemos case todo! Pero estabamos tan cansos que por votación unánime decidimos deixar as contas da caixa para  o próximo día de clase, é dicir, o luns, porque mañá ímonos de excursión!

Ningún comentario:

Publicar un comentario