martes, 22 de xuño de 2021

SEMANA DA RECOLLIDA SOLIDARIA: ÉXITO ROTUNDO!

Durante toda a semana fixemos quendas de traballo para estar na entrada e saída da escola e así poder recoller persoalmente as doazóns que nos traían para a protectora, así como colocalas enriba da mesa.















Foron tantas as doazóns, que tivemos que reordenar as cousas varias veces, incluso tivemos que engadir unha meas máis! E unha vez rematada a semana, recollemos todas as doazóns en caixas, e o diñeiro nun sobre, para facilitar a recollida por parte das rapazas da protectora.

 




Non podemos dicir máis que GRACIAS! Gracias a todos os membros da comunidade educativa (e aos que non o son tamén) por colaborar con nós, porque entre todos fixestes que este evento fora un ÉXITO!

 

...

 

Mirade que equipo tan bo formamos!








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario