mércores, 23 de xuño de 2021

ENTREGA DAS DOAZÓNS!

O último día de cole recibimos unha visita moi especial: dúas rapazas da Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz viñeron ao centro a coñecernos e a recoller as doazóns para os peludos que teñen ao seu cargo, tanto nas instalacións como en casas de acollida.

E como non podiamos quedarnos de brazos cruzados, decidimos axudarlles a cargar todo no seu coche! Menos mal que era grande, porque aínda así case non lles colle todo dentro!
















E sabedes que? Que ao rematar fixéronnos un convite para o curso que vén! Temos que ir un día de visita á protectora para coñecer as instalacións e o seu funcionamento, os animais que hai residindo nela... e pintar o noso logotipo nunha das paredes da protectora! E firmar! Estamos desexando que chegue ese día con todas as nosas ganas! :)


Ningún comentario:

Publicar un comentario