domingo, 7 de febreiro de 2021

REMODELAMOS O HORTO!

O horto do noso cole sufriu numerosas transformacións nos últimos anos e, o feito de que nunca se acabara de concluír e o pouco que se empregou últimamente, xunto coa desfeita que deixaron os albaneis que estiveron traballando durante o verán no cole, fixo que o seu estado se deteriorara moito, tal e como podedes ver nas seguintes imaxes:


Sí, iso que vedes aí era un dos nosos composteiros...


E como queriamos plantar un mogollón de cousas no horto e aproveitar gran parte dos residuos orgánicos xerados nos recreos e na cociña do comedor da escola para crear compost no composteiro, decidimos remodelalo enteiro!

Traballamos arreo durante estas dúas últimas semanas no tempo de recreo, pero aínda nos queda moito traballo. E iso que recibimos moita axuda por parte do Concello de Xove, que nos levou todo o lixo que xuntamos para o punto limpo, nos desfixo os horteiros vellos e nos fregou as aceras! 


Que vos parece polo dagora o progreso? Máis limpo e ordenado está, non si?




Ningún comentario:

Publicar un comentario