martes, 9 de febreiro de 2021

ESTES DÍAS TRABALLAMOS ARREO!

Nos últimos días, e sempre que o tempo nolo permitiu, traballamos arreo no horto da escola coa intención de deixar todo libre para poder montar o novo horto:
  • Arrincamos as malas herbas e retiramos a tela verde das pequenas parcelas que había delimitadas no anterior horto.









  • Desmontamos as pezas de goma que conformaban as pasarelas de paso no chan e carrexámolos para a entrada do horto, onde os amontonamos para facilitar a súa recollida polas persoas que recollen o lixo para levar ao Punto Limpo.
Eran moitas, escondían unha morea de bichos polo seu fondo e non sabedes como pesaban! Quedamos ben cansos por certo!

 















  • E tamén aproveitamos para retirar as fresas do caixón grande para despois trasplantar no novo horto, cortar as hedras dos muros, sacar as malas herbas do caixón grande e comezar a retirar a terra nun montón para o medio deste para despois poder instalar os novos caixóns que xa temos encargados!







Como vedes, non paramos de traballar en ningún momento! Ás probas nos remitimos! 



E pode que a veces mancharamos algo as beirarrúas e a entrada da escola, pero nada grave, a que non?


Ben, ás veces igual manchamos máis do debido 🙈.



Ningún comentario:

Publicar un comentario