venres, 28 de xaneiro de 2022

UN MES DE XANEIRO PARA ESQUECER

Ultimamente pasamos pouco por aquí, sabémolo, pero iso non significa que non esteamos traballando eh! En realidade, andamos con mil cousas á vez!

Pero o certo é que o mes de xaneiro está sendo un mes complicado para nós, un mes para olvidar...

Esquecimos contarvos que despois de tanto debate o pasado curso, non sei se o recordades, chegamos a un acordo entre todas e todos e conseguimos, por fin, esterilizar a nosa Kiara. Esperamos un tempo prudencial despois de que parira, uns dous meses máis ou menos, e levámola a castrar. E todo foi ben, case se pode dicir que nin se enterou, pero sabedes cal foi a nosa sorpresa? Pois uns días despois, apareceu ela no horto, e con ela apareceron 4 gatiños ou gatiñas.

Kiara ensinándonos a barriga e a ferida froito da castración.



Resulta que nós pensabamos que lle morreran, ou que llos matara algún outro animal, pero non fora así... Tíñaos moi moi ben agochados! E claro, non estaban moi socializados, non daban a man vamos, eran ariscos e ariscas de todo! Pero a mala sorte apareceu e atropelaron unha das gatiñas, así que a nosa mestra Marta intentou establecer unha rutina de comida no horto para poder collelos cunha xaula trampa, pero Kiara foi máis lista e aos poucos días levou a todos os 3 gatiños e gatiñas que quedaban vivos para o xardín da súa casa jijiji.




Unha delas caeu na xaula trampa, pero era demasiado pequena e conseguiu escapar, así que a nosa mestra e a súa nai pasaron ao plan B: establecer a rutina de comida no pequeno invernadoiro que teñen, e dúas semanas despois, conseguiron coller a dous.





A Kiara non lle gustou oito a idea, e vixiounos ata o último momento no transportín, pero hoxe disfrutan os dous dunha vida en liberdade na Rigueria.

A última gatiña, moi avispada ela, conseguiu escapar sempre á nosa mestra, pero un destino moi feo estábaa esperando: un rapaz atropelouna adrede co coche diante do instituto, si si, adrede, os veciños confirmáronnolo, acelerou co coche e invadiu o carril contrario intencionadamente para atropelala, e morreu aos poucos minutos.

E por se fora pouco, o 11 de xaneiro tamén morreu atropelada a nosa Kiara á entrada do colexio... Non vos imaxinades o mal que o pasamos tanto a nosa mestra coma todas e todos nós. Aínda hoxe a botamos de menos porque si, hai moitas gatiñas e gatiños no horto, pero "ela era a reina". 😭💔🐈


E para despedirnos, deixámosvos unhas tenras imaxes dun dos últimos longos paseos que deu a nosa Kiara, recoñecedes o lugar? Un pouco lonxe, non si?








Ningún comentario:

Publicar un comentario