luns, 17 de xaneiro de 2022

CONCURSO HAPPERS!

E o que nos gustan a nós os concursos?

A empresa á que lle mercamos os puf co diñeiro gañado no pasado curso no concurso de carteis Recíclate con Sogama convocou un concurso no que sorteaban outro puf de entre a xente que reutilizara as súas caixasa para algo, e alá fomos de cabeza.

Deixamos renda solta á nosa imaxinación e puxémonos mans á obra:

 







E estes foron os resultados:

3 EN RAIA


 
 
CASTELO


 



E as caixas que sobraron, aproveitámolas para gardar os tapóns que doamos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario