xoves, 18 de marzo de 2021

XA ESTAMOS COMPOSTANDO!

Levamos moito tempo traballando no horto e por agora parece que non fixemos máis que desfacer e desfacer... sabémolo! Pero isto non é de todo certo!

Aínda que o resto do horto segue "patas arriba", a zona dos composteiros xa está operativa! Non está rematada pero xa temos dous composteiros funcionando e outros dous á espera de ser colocados. Si si, oídes ben, imos ter 4 composteiros! Un xa o tiñamos no centro (e outro que tivemos que tirar porque nolo romperon durante as obras), outro igual proporcionóunolo o Concello de Xove e outros dous dánolos Sogama (un xa o temos e outro vén de camiño porque aínda o solicitamos a semana pasada, xa que queriamos deixar toda esa zona ben colocada).

E dicimos que non está rematada porque polo momento só colocamos a tea verde para que non medren as malas herbas arredor, ubicamos os composteiros enriba dela, cortamos a tea do fondo para permitir que os organismos descompoñedores teñan un fácil acceso ao interior do recipiente e comezamos a enchelos cos restos de poda que nos facilita a mamá da nosa profe Marta e a mamá dunha das nosas compañeiras de clase, que traballa de xardineira no concello e vén facer o mantemento das zonas verdes da escola, e tamén os restos orgánicos que se xeran nas merendas dos recreos e na cociña do comedor do colexio, que non son poucos!



  • Restos orgánicos recollidos nos recreos:
Os restos orgánicos non son moi abundantes nos recreos, priman os alimentos envoltos en envases de plástico, pero entre os máis abudantes están as froitas e os panos de mesa de papel brancos (os de cores teñen tintas e teñen que depositarse nos contedores verdes).



  • Restos orgánicos prodecentes da cociña:




  • Restos de poda e herba:













* A veces baleiramos o caldeiro do lixo e cae todo no mesmo montón, así que despois temos que estender os restos orgánicos coa axuda dunha pá:







Ningún comentario:

Publicar un comentario